O venres pasado fomos na procura do tesouro do outono que estaba agochado na Mámoa.
Seguindo o mapa e sortenado algunhas
trampas acadamos o tesouro e trouxémolo para Barouta!
Moi agradecid@s á familia d@s nos@s compañeir@s Livia e Eloi que puxo á nosa disposición unha horta chea de cabazas que para nós son un auténtico tesouro de outono!
4 comentarios:
🤗🥰👏👏👏 canto me alegro que saíse ben!!
Máis que ben!!!! Moi ben, súper ben!!!! Inmensamente agradecidas!!!!
Quero volver a ser nena para ir a esta escola tan molona! Grazas polo traballo coas nosas crianzas!!
Grazas a vós pola confianza depositada nesta escola tan molona!
Estamos desexando "volver á normalidade" para que as familias poidades participar de novo en primeira persoa e con nós, das actividades, saídas, obradoiros, celebracións...
Publicar un comentario