Artellando con:

25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

"EmBarouta-T co Feminismo" | 25N Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres

 

Educación en Igualdade para erradicar as violencias machistas.

Seguimos a traballar no camiño iniciado o curso pasado afondando no bo trato (“TRÁTAME BEN”).

Contamos coa colaboración de Cruz Dafonte para realizar tres dinámicas moi ilustrativas do que é o bo trato con propostas como:

 

-faladoiro sobre as cousas que nos gusta facer resaltando que nenas e nenos poden facer as mesmas cousas

 

-expresión corporal/dramatización destas cousas que podemos e nos gusta facer

 

-contacontos do libo  “Eu vou comigo” 


-presentación de Lila (a nosa mascota da igualdade) ao alumnado de 4º EI (que aínda non a coñecía)


-reflexión diante do espello sobre as cousas que máis nos gustan de nós mesm@s

 

-dramatización de todas as cousas que podemos facer cos nosos brazos e as nosas mans

 

-“baile de bolboretas”

 

-diálogo sobre o  bo trato: cando nos tratamos ben?, como nos tratamos ben?, como nos sentimos cando nos tratamos ben?

 

-gravación de lemas sobre o BO TRATO para RadioBarouta 

 

-elaboración dunha flor simbólica con pétalos negros (mal trato) e brancos (bo trato) 

 

E o día 25 de novembro:

-faladoiro sobre o significado da cor negra  e sobre por que viñemos todas e todos vestid@s de cor negra. 

-contacontos da historia de  “Artur e Clementina”. 

-reflexión sobre esta historia

-representación gráfica do que máis nos chamou a atención deste relato

-visionado do vídeo do 25N

-plantación simbólica de lavanda 

 

Picando enriba do seguinte enlace podedes ver todas as fotos das diferentes sesións que adicamos a traballar pola igualdade e o bo trato:

https://photos.app.goo.gl/afbjrWyAKocaC7MN6

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger