NA NOSA CARPETA DE ÁFRICA NON PODÍA FALTAR O BAOBAB.
O BAOBAB É UNHA ÁRBORE AUTÓCTONA, COMO O NOSO CARBALLO. SOE ESTAR EN ZONAS DE SABANA. PODE CHEGAR A MEDIR 25 METROS DE ALTURA E 10 DE DIÁMETRO. O SEU FROITO COÑÉCESE COMO “PAN DE MONO” . É PARECIDO AO MELÓN.
PODE VIVIR MÁIS DE 1500 ANOS POLO QUE SON OS MÁIS ANTIGOS DO PLANETA.
O BAOBAB É COMA UN HOTEL PARA MOITAS ESPECIES ANIMAIS QUE VIVEN NEL: PAXAROS, INSECTOS, CULEBRAS, MONOS… DURANTE A TEMPADA DE CHUVIAS O BAOBAB ALMACENA AUGA NO SEU TRONCO. OS ANIMAIS DA SABANA COMO O ELEFANTE ARRÍNCANLLE CORTIZA PARA CHEGAR A ELA CANDO PRECISAN BEBER. PARA AS PERSOAS TAMÉN É DE GRANDE AXUDA. COA SÚA CORTIZA FANSE CORDAS, REDES E CESTAS, O SEU POLE ÚSASE COMO PEGAMENTO E AS SEMENTES PODEN TORRARSE COMO O CAFÉ.
O BAOBAB É UNHA ÁRBORE MÁXICA E SAGRADA, MOI APRECIADA EN ÁFRICA.
0 comentarios:
Publicar un comentario