Artellando con:

ESCOLA NO BOSQUE

 

Compartimos de novo con vós un piar importante da nosa liña pedagóxica, da nosa maneira de entender a educación e o crecemento saudable das nosas crianzas coa inmersión da actividade cotiá na nosa contorna natural: A ESCOLA NO BOSQUE












As imaxes que ides ver a continuación corresponden coa primeira saída que fixemos xuntas e xuntos tod@s @s nen@s de Educación Infantil. 
Saímos da escola camiñando polo monte e chegamos á igrexa de Ames onde fixemos unha parada.
















Noutra das saídas achegámonos a coñecer o San Amaro e merendamos alí.
















Nos primeiros días de setembro, ademáis de coñecer a contorna,  adicámonos tamén a coñecer novos recunchos da escola e do patio.














E agora, nestes primeiros días de novembro, aproveitamos o bo tempo que está a facer para saír pola contorna a recoller elementos naturais propios do outono e para observar como cambia o noso monte en cada estación pero ás veces atopámonos con cousas que non nos gustan nada.





Estas situacións dannos moita mágoa. Trasladaremos as fotos ao Concello para que se encarguen de vir limpar o camiño e deixalo habitable para todos os animais e plantas que viven e medran no monte.

Seguimos coa nosa camiñata e atopamos cogomelos  variados.




Tamén observamos as esporas dos fieitos! Foi algo que chamou moito a nosa atención porque non sabiamos que eran aqueles puntiños amarelos. O primeiro en descubrilas foi Eloi e despois fóronse uníndose máis crianzas curiosas de ver as esporas amarelas!








Pero non pensedes que o camiño foi doado. Estas saídas acaban por converterse  nunha sesión de psicomotricidade moi completa: camiñar, correr, saltar, subir, baixar, trepar ...












     E despois deste esforzo ... sempre apetece unha rica merenda!




¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger