O mércores 1 de febreiro fomos a Coruña para visitar os Museos Científicos.
Para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos e o moito que aproveitamos a saída ...
- así saímos de Barouta
- así volvemos a Barouta
Xa en Coruña visitamos:
O AQUARIUM FINISTERRAE
A DOMUS
A CASA DAS CIENCIAS (E O PLANETARIO)
Deixámosvos os enlaces para que poidades ver todas as imaxes desta saída da que sacamos moito proveito: ir tod@s xunt@s en autobús, ver de preto animais do mundo mariño observando como se moven, como se alimentan ...; dar un paseo por Coruña para chegar á Domus aproveitando o día solleiro, xantar xunt@s, poder manipular coas mans/pés/sentidos ... as diferentes propostas dos museos; descubrir os planetas e as constelacións, experimentar con olores, pesos, forzas ...
E de agasallo deixámosvos esta imaxe do paseo que fixemos desde o Aquarium ata a Domus aproveitando o bo tempo do que gozamos ese día!
0 comentarios:
Publicar un comentario