O mércores 21 de xuño despedímonos das compañeiras e compañeiros de 6ºEI que o vindeiro curso estarán en 1º EP.
Sempre nos dá moita pena esta despedida porque son moitos os momentos compartidos c@s compañeir@s, moitas aprendizaxes, moitas risas, moitas xogos, moitas emocións, algún que outro enfado tamén ... pero sabemos que @s seguiremos vendo na escola, no patio, nas actividades colectivas, no transporte, nas entradas e saídas, no comedor ... e ademáis poden vir visitarnos cando queiran que sempre @s recibiremos cos brazos ben abertos!
Parabéns por este cambio de etapa!
0 comentarios:
Publicar un comentario