Artellando con:

EXPERIMENTANDO COAS FAMILIAS


BOA NOITE FAMILIAS!

Como xa sabedes, este curso estamos a desenvolver no laboratorio o proxecto “Somos científicos” no que realizamos experimentos de diferente tipo. Quixemos facer extensiva a participación ás familias, comezando polas do alumnado de 6º de educación infantil, neste derradeiro ano de permanencia no ciclo. 

E onte contamos coa primeira mamá que se animou a vir á escola para facer connosco un experimento.

Foi Lucía, a mamá de Carla Lago (da titoría de Vito e María). 



Lucía e Carla fixéronnos un experimento para obter plástico biodegradable.

Antes de comezar dialogamos sobre o que é o plástico, con que se fai, con que se pode facer para que contamine menos, que significa biodegradable... 









E despois Lucía e Carla puxéronse mans á obra.



Experimento plástico biodegradable from MARÍA RODRIGUEZ

A verdade é que nos gustaría que vísedes de primeira man como foi este experimento.
Deixámosvos un completo vídeo con todo o proceso.

A nós encantounos!
Agardamos que a vós tamén





E hoxe quixemos comprobar se xa estaba listo o plástico biodegradable pero preferimos agardar a mañá para darlle tempo a secar ben. Mirade que boa pinta ten!







¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger