Artellando con:

TEATRO LETRAS GALEGAS


Como xa vos anunciamos no blog, hoxe tivemos no colexio á Compañía Galeatro que veu representar "Contos no faiado", obra de María Victoria Moreno, homenaxeada deste ano no día das Letras Galegas.

Contos no faiado conta a historia de Uxía, unha boneca que vive soa e abandonada nun faiado. Un día decátase de que alguén máis está con ela. É un gato tristón que non sabe nada da vida. Uxía intenta animalo contándolle historias pero o animal non fai outra cousa que comer ratos e paxaros, feito que non lle gusta nada á nosa protagonista. Será quen Uxía de que Gato deixe de comer outros animais? Poderá ensinarlle como é a vida?

Contos no Faiado é a nova proposta de Galeatro para as Letras Galegas 2018.  Nesta proposta, a compañía escolleu  como estrutura o conto “A Festa no Faiado”, ademáis as crianzas tamén puideron  gozar de “Un Cachiño de Bica” ou “Xa non teño medo”.


A festa no faiado from María on Vimeo.

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger