Artellando con:

A TREBOADA




O venres da pasada semana na asamblea algunhas nenas e nenos falaron da treboada,  dos tronos e da choiva que sentiran pola noite e que @s espertou.

Desta conversa xurdiron preguntas como:
-que é un trono?
-é o mesmo un trono que un raio?
-que teñen dentro as nubes?
-...

Vendo que isto era un centro de interese moi chamativo buscamos información no ordenador da aula, escoitamos o son da choiva, dos tronos e vimos imaxes e un vídeo sobre a treboada. Tamén visionamos un experimento sobre a formación de nubes que fixeramos na aula hai dous cursos dentro do proxecto "Auga Doce" (este experimento podedes velo tamén no blog)

Tamén falamos do que nos fai sentir a treboada ou o son dun trono:
-danos medo?
-gústanos?
-moléstanos?
- ...

Cando xa tivemos bastante información chegou a hora de plasmala graficamente.

O alumnado de 4º de EI construiu un camiño sensorial con cordas colocándoas como se fosen un raio para poder camiñar por riba delas, descalzas e descalzos, e sentir a forma do raio debaixo dos pés. Inmediatamente despois tiñan que debuxar con xiz nunha cartolina posta en posición vertical o raio que acaban de sentir e por último traballaron na mesa para compoñer a súa treboada con algodón, panos de papel e xiz branco sobre cartolina negra.


















O alumnado de 5º e 6º de EI tivo que coller unha decena de palillos e formar con eles, sobre a mesa, un raio. A continuación con ceras brandas debuxaron e pintaron nunha cartolina nubes de treboada e raios para despois pasarlles por riba unha augada con pincel.






















Todas estas representacións pasaron a formar parte do mural común exposto na cortiza do corredor e titulado "ESTA NOITE TRONOU E DESPERTAMOS".










    Alguén ten medo da treboada??????????


¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger