Artellando con:

ABN


                                              ABN

Neste segundo trimestre continuamos traballando a lóxico-matemática con este método.

Nesta sesión o alumnado de 4º de EI traballou por parellas e encargouse de facer colares atendendo a un criterio previamente establecido. Neste caso ese criterio era a cor pero as instrucións eran diferentes para cada unha das parellas:
-a unha parella tocoulle facer colares de cor azul (só podían coller as doas azuis)
-a outra tocoulle facer colares pero dunha cor que non fose azul (polo tanto podían escoller se querían abelorios verdes, ou amarelos...)
-...








O alumnado de 5º de EI realizou series máis complexas de dous e incluso tres elementos tanto con pezas manipulables ensartables como graficamente sobre o papel facendo ditas series con gomets.

O alumnado de 6º de EI, tamén por parellas, adicouse a completar a táboa do 100 partindo de 0. Esta tarefa non é doada xa que nos números altos, como por exemplo o 87, ás veces resúltalles complicado saber se primeiro vai o 7 ou o 8. Adicaron bastante tempo a compoñela correctamente e logo de facelo escribiron os números ata o 20 (porque tamén é necesario trazar as grafías para facer os números na dirección correcta) pero isto sóubolles a pouco xa que algunhas e algúns continuaron ata o 30 e incluso o 40. 














¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger