Artellando con:

24 de febreiro "Día de Rosalía"



O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega. Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA que as bibliotecas escolares aproveitan para dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. A obra de Rosalía cobra vida nas voces de nenas e nenos que recuperan en recitais, lecturas compartidas e todo tipo de actividades a forza da súa palabra. Atopan mozos e mozas na lectura dos seus versos unha muller actual e poderosa que se amosa cada ano que pasa máis próxima a todos e todas, a medida que os investigadores van desfacendo cos seus estudos as capas de escuridade que nola ocultaban. 

Na nosa escola conmemoramos este día de dúas maneiras:
-por un lado participamos na proposta do Concello de Ames "Fiestras de Rosalía"
-por outro lado gravamos un programa de radio adicado a Rosalía de Castro



A nosa participación na proposta do Concello preparámola en dous pasos:
-primeiramente nas aulas escollemos dous poemas de Rosalía que nos gustaban para reproducilos nos modelos de cartón-pluma facilitados polo concello.
-Cos poemas listos, unha representación de alumnas e alumnos do centro foron a Bertamiráns para expoñer as poesías en diferentes locais comerciais da zona e dalos así a coñecer a todo o mundo.
















¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger