Artellando con:

PREPARANDO O ENTROIDO


Boa tarde familias.

Este ano, no desfile do día 21 de febreiro, fixemos unha homenaxe ao entroido tradicional galego.
Todas as nenas e nenos da escola disfrazáronse de distintas personaxes do entroido popular de Galicia.

Houbo Pantallas, Xeneralas e Xenerais da Ulla, Madamas e Galáns, Volantes, Choqueiras e Choqueiros, Peliqueiros e Peliqueiras, Troteiras e Troteiros ...

E en infantil ... fomos PITAS! Contámosvos a historia deste entroido que se celebra desde a posguerra en Eiroás (Ourense).




Amosámosvos cal foi o camiño que percorremos na escola para facer as máscaras e as pitas.

Houbo que madurar a idea porque ían xurdindo dúbidas sobre como facer o peteiro, como amarralo no anteface e polo tanto tivemos que probar e probar!

Primeiro pensamos en poñer o peteiro por debaixo do anteface.


Pero Lara dixo que así molestaba. Polo tanto, probamos a poñelo por fóra.


E Leo confirmounos que por fóra non molestaba. 

Pero ... que facer coa pita? Colocámola diante, xusto enriba da fronte grampada no antiface ou mellor no medio da cabeza?


Escollemos a segunda opción.





Aquí non remataban as dúbidas coa pita. Como podiamos facer a cabeza: con xornal, con pasta de papel ...? Tiña que ser ríxida para que non caera ao saltar e bailar pero por outro lado non podía pesar moito.





Con xornal pareceunos mais doado para facer coas nenas e cos nenos. 

E as plumas? Con que podiamos facelas: con papel, con outro material...?



Nesta primeira proba fixémolas con papel de seda pero finalmente atopamos outro material co que lucían mais.

Con todos os elementos da cabeza mais ou menos claros comezamos a produción.
Por un lado había que facer as bólas de papel para as pitas (que as crianzas fixeron moi rápido) e unilas ao rolo (isto dounos mais traballo porque había que unir 75 cabezas!)


E por outro lado había que pintar os antefaces (pero só unha metade xa que no disfrace orixinal unha metade é branca e outra negra e para conseguilo tivemos que encintalos polo medio para que saíse xustamente unha metade de cada cor) e as pitas ( unha vez unidas ao rolo).

































































































E mentres faciamos este traballo tamén estabamos a elaborar a cartelería.







Pero os disfraces aínda non estaban rematados. Aínda había que pegar as plumas unha por unha.


E pegar as fitas negras e brancas nos antefaces tendo coidado de pegar as fitas brancas no lado negro e viceversa.





















Xa case estaba todo listo. Faltaba ensamblar a pita no gorro de piscina.

Pero...
Algunhas pitas non se sostiñan! Tivemos que amañalo poñendo un anaco de cartón xusto enriba da cabeza grampado á parte de abaixo da pita.



Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!! Así xa se sostiña!!!!!

E por fin con todo preparado puidemos disfrutar do entroido e vir á escola disfrazadas e disfrazados como quixemos.






























Facer máscaras que metían medo.








E cando chegou o venres fomos as pitas mais bonitas de toda a redonda: as Pitas de Barouta!!!!





Deixámosvos algunhas fotos da nosa actuación na "Voda da Pita" mentres agardamos polo vídeo oficial do entroido!














¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger