O derradeiro día de escola foi un día de despedidas.
Despedimos ás compañeiras e compañeiros de 6ºEI que o vindeiro curso estarán en primaria (pero agardamos que nos fagan algunha visita de cando en vez).
Pero este último día tamén tivemos sorpresa. Paula realizou con nós unha sesión de danza do ventre (para dar xa punto e final ao proxecto "África nos sentidos"). Que divertido!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario