A organización do curso 2021-2022 está xa en marcha para que o alumnado poida entrar o día 9 nas mellores condicións na escola!
Nesta entrada de benvida compartimos con vós (sobre todo co alumnado de 4º EI que se incorpora por primeira vez ao centro) o calendario do período de adaptación que este ano abrangue desde o día 9 ata o 21 de setembro (ambos inclusive).
Lembramos ás familias do alumnado de 4ºEI que a reunión informativa é mañá venres 3 de setembro ás 09h30 no campo da horta.
Tamén compartimos as recomendacións para unha merenda saudable!
0 comentarios:
Publicar un comentario