Artellando con:

DÍA DO LIBRO




O martes 23 de abril conmemorouse o Día do LIBRO.
O día mundial do libro foi fixado pola UNESCO  en 1995. Xustamente arredor desta data faleceron tres grandes autores da literatura universal: Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Tanto o propio día 23  como ao longo da semana realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data.

O martes o alumnado de 6ºB de EP preparou para nós a obra de teatro "Unha excursión con sorpresas" que representou na BiblioBarouta.













Pasamos un bo rato nesta sesión de teatro!
Grazas ás compañeiras e compañeiros de 6ºB de primaria e á mestra Anita! 

Ademáis do teatro, na titoría de Paula algunhas nenas e nenos fixeron unha exposición de cubertas de contos e personaxes dos mesmos!



E ao longo da semana o alumnado de 5ºB de EP veu ás aulas de infantil a contarnos contos!
Algúns dos que nos contaron foron "A voda do galo Pinto", "Orellas de bolboreta", "Unha pantasma con asma" ...












Graciñas tamén ás nenas e nenos de 5ºB de EP é a súa mestra Rocío!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger