Artellando con:

OBRADOIRO DE ROBÓTICA




Neste segundo trimestre tan longo tivemos tempo de poñer en marcha o OBRADOIRO DE ROBÓTICA para o alumnado de 6º de EI xa que consideramos importante iniciar ao alumnado neste campo posto que despois vai ter unha continuidade en primaria e xa que é un ámbito moi amplo co que traballar diversos contidos, nocións, valores…

O traballo estamos a realizalo en pequeno grupos cooperativos para iniciar ao alumnado no manexo do robot. Nas nosas aulas traballamos co modelo de robot "“DOC, O ROBOT QUE FALA”.

As primeiras sesións foron de descubrimento e achegamento ao robot e aos taboleiros:
-montar o taboleiro
-ver que debuxos ten 
-que deducións sacamos do que haberá que facer
-investigar con DOC
-como se move cara diante, cara atrás ... como damos estas ordes...
-que pasa se nos equivocamos?
-e cando o facemos ben?
-...





















¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger