Artellando con:

21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA




O xoves 21 de marzo conmemorouse no centro o "Día da árbore e da poesía".
As alumnas e alumnos de EI non puidemos sumarnos a esta conmemoración porque ese día andabamos a facer a "Ruta dos Petróglifos de Castelo" e a "Ruta do Cabaliño do demo", pero ao día seguinte si que nos xuntamos para conmemorar esta data.

A actividade de plantación, este ano, levouse a cabo no "Bosque dos Embaroutados". En infantil plantamos tres sobreiras. Pero primeiro, na aula, buscamos información e fotos desta árbore para saber como serán cando medren, se terán follas, se darán sombra, se terán froitos ... E escribimos o seu nome nun toco de madeira para poñer ao lado da árbore.

Ademáis desta búsqueda de información tamén escoitamos o poema musicado "Alborada" de Rosalía de Castro.





































Ademáis de plantar tres sobreiras e de escoitar, recitar e cantar a poesía de Rosalía, tamén saímos ao patio a ver as árbores de Barouta de preto: 
-como é o seu tronco: groso ou delgado, liso ou rugoso...
-se todas teñen follas ou non
-de que cor son as follas
-se hai moitas ou poucas
- ...
E logo de observalas durante uns minutos, tocámolas para sentir o seu tronco e démoslle unha aperta.




















E cando todas as árbores de Barouta tiveron a súa aperta, pintamos os seus troncos nun folio con ceras brandas intentando calcar a súa cortiza.















Rematamos debuxando as nosas árbores fixándonos na maior cantidade de detalles posible.








¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger