Neste post imos contarvos como é posible que o Día de África e o traslado dos pitiños sexan dous feitos que están moi relacionados.
Para nós hoxe era un día triste, porque marchaban os pitiños, pero tamén un día alegre porque ían para unha casa nova con máis espazo.
Ás 09h00 despedímonos deles cantándolle unha canción.
E preparámoslles o pienso e a caixa de viaxe para levalos ao seu novo fogar.
E estaredes preguntándovos que ten que ver a mudanza dos pitos co Día de África.
Pois aquí ven a explicación: levamos días falando de África, da selva de África ... e resulta que cando saímos de Barouta tivemos que atravesar a nosa propia selva verde para poder levar a cabo a nosa misión de achegar aos pitos á súa casa nova. Os fieitos eran tan grandes que case non se vía ás crianzas no medio deles pero metémonos nesta selva de fieitos, herbas, árbores, troncos, paus ... e chegamos ao noso destino.
Andando chegamos á casa de Livia e Eloi que van ser os encargados de criar os pitiños de agora en diante. E xusto antes de ver onde ían vivir, tivemos tempo de coñecer a Juan e ás vacas que cría.
Na casas de Livia e Eloi agardábannos David (o seu pai) e a súa avoa e o seu avó que nos axudaron a acomodar aos pitos.
MIRADE QUE CASA MÁIS GRANDE VAN TER DURANTE UNS DÍAS ATA QUE POIDAN ESTAR NO GALIÑEIRO CO RESTO DE GALIÑAS!
E así foi como rematou a nosa aventura de criar pitiños en Barouta.
Agradecemos a Livia, Eloi e a súa familia que se vaian encargar deles de agora en diante.
Sabemos que van estar ben coidados e van medrar moito.
GRACIÑAS!
E así foi como os nosos pitiños nos descubriron que en Barouta "tamén hai selva".
(Ah! xa nos esquecía dicirvos que convidamos ao resto de compañeiras e compañeiros da escola a ver os nosos pitiños e fixemos un convite para que puideran pedir cita e vir ao laboratorio a velos!)
0 comentarios:
Publicar un comentario