Artellando con:

EGAGRÓPILAS!

                 

Hoxe o noso compañeiro Niko, de 2º EP, veu falarnos das EGAGRÓPILAS!!!



Si, nós tamén nos preguntamos que era esa palabra tan rara que nos estaba a dicir Niko.

Explicounos que as egagrópilas eran bólas formadas por restos de alimentos non dixeridos que regurxitaban algunhas aves coma o bufo, a curuxa ou o voitre.

Niko traía dúas caixiñas: nunha estaban as egagrópilas e noutra as caveiras que con moito coidado el sacara de dentro das egagrópilas na súa casa.

Que curioso! Estabamos abraiadas e abraiados! Fixémoslle algunhas preguntas:

-Por que tiña el egagrópilas? Respondeunos que as tiñas porque había tempo houbera unha curuxa na súa casa.

-De que animais eran as caveiras? Contounos que probablemente eran de ratos e paxaros pequenos!

Hoxe descrubrimos unha cousa ben curiosa grazas a un compañeiro!

Deixámosvos as fotos porque sabemos que tamén tedes curiosidade por descubrir o que son as EGAGRÓPILAS!!!















                                                      MOITAS GRAZAS NIKO!!!!!

¡Compártelo!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Buscar

 

Acerca de nós

compartidísimos

ARTELLANDO NO COLE Copyright © 2011 | Tema diseñado por: compartidisimo | Con la tecnología de: Blogger