Antes de ensinarvos e contarvoso como estamos a desenvolver o proxecto "África nos sentidos", compartimos varios lotes de fotos: dos pitos, da plantación na horta ... pero tamén de propostas que aínda non víchedes.
Comezamos polos pitos, que están a medrar moito!
Durante todo este tempo fixemos un calendario onde anotabamos os días que faltaban ata que naceran, contabamos os ovos antes e despois de nacer os pitos, rexistrabamos que precisaban para medrar sans e ata os debuxabamos en directo mirándoos a través do cristal!
Estivemos moi pendentes todos os días e seguimos a coidalos poñéndolles auga, pienso e controlando que a temperatura sexa a adecuada!
Continuamos coas fotografías da plantación de cenorias e cabazas na horta coa Asociación Amicos. Agardamos ter unha excelente colleita!
Tamén faltaban por amosar algunhas fotos da proposta "Quen vive aquí?"
E non vos preguntades que facemos en Barouta con todos os bechos que atopamos?
Pois ao arnal devolvémolo ao seu hábitat nada máis atopalo pero noutros casos, como no dos bechos pequeniños, fixémoslles un terrario para observalos no laboratorio (aínda que despois tamén os imos ceibar para que poidan vivir na natureza)
E no medio de tanto becho seguimos co traballo nos ambientes. Neste caso estabamos a traballar a nosa inicial no circo.
0 comentarios:
Publicar un comentario